sábado, 19 de enero de 2013

Aniversario Daniela

O mércores 15 de Xaneiro festexamos o aniversario da nena máis maior da clase, Daniela cumpriu nada máis e nada menos que 5 anos!!! A homenaxeada decorou a súa coroa con estreliñas douradas...xa vedes que ben lle quedou!

Ademais a súa nai, Nuria, trouxo unha torta moooooi rica.

Ao rematar de merendar escoitamos e bailamos unhas cancións especialmente pensadas para Daniela...

E como fin de festa, a nosa peque, agasallou aos nenos cun conto e uns animais para xogar (unha vaca e dous porquiños) e para a profe unha bolsiña para gardar cousiñas! Grazas Daniela!

Xa nos quedan poucos aniversarios que festexar (a profe, Pepa e Iker) co que nos gusta a nós celebrar aniversarios

Aquí Daniela moi contenta coa coroa.





 (Algunhas fotos aparecen desordeadas..pero é o programa que non deixa ordealas ben)



Biquiños mil

O Apalpador e os Reis

Á volta das vacacións atopámonos con que o Apalpador e os Reis pasaran polo cole e nos deixaran un par de agasallos...

O Apalpador un tren e un crabacabezas de madeira, e os reis dous xogos de mesa.
Vos deixamos un par de fotos (a profe tiña a cámara sen batería e sacou un par de fotos co móbil)

 
 
 
 
 
 
 
 

lunes, 14 de enero de 2013

Nadal

Boas a todos!!

Con un pouco de retraso (mil perdóns) vos deixamos aquí as fotiños da festa do Nadal, son do momento no que veu o Apalpador, todos os nenos foron subindo para que lles palpase a barriga e lles dese un pequeno agasallo.
Os peques, aínda que non o viran nunca, non pasaron medo , a nosa Pepa incluso lle regalou un debuxo!!

Aquí van as fotos (as familias veteranas xa sabedes que a finais de curso vos dou un cd con todas as fotos...)




Biquiños