sábado, 21 de diciembre de 2013

CHEGOU O NADAL!

A última semana de cole antes da chegada das vacacións de Nadal estivemos traballando moitísimo para poder adornar a nosa árbore. Primeiro creamos uns adornos moi chulos seguindo un modelo que Iker e a súa mamá fixeron na casa e despois, empregamos pasta para modelar para facer unha estrela e un corazón para cada un. Así de bonito nos quedou a árbore da aula.

Boas festas para todos!












miércoles, 18 de diciembre de 2013

Este trimestre en Psicomotricidade traballamos:

As habilidades motrices básicas: carreiras, saltos, reptacións, lanzamentos, circuitos...
Os xogos de grupo
O esquema corporal
A percepción espacial e temporal
A coordinación dinámica xeral
A relaxación
Ahí tedes unha pequena mostra do moito que traballamos, e nos divertimos!









jueves, 12 de diciembre de 2013

DIEGO XA TEN 5 ANOS!!

Onte festexamos o aniversario de Diego, sopramos as velas, cantamos, bailamos e comimos un riquísimo biscoito que fixo súa nai. Aquí quedan as fotos.

PARABÉNS DIEGO!!!