Xa son horas de presentarvos ao novo membro da clase, a nosa mascota, PINCELÍN.
A principios deste mes enviounos un libro, o libro dos sentidos, e foi así como comezamos a traballar este tema. O luns fixemos unhas fotos con el e mais o libro que nos enviou para compartilo con vos.
Este tema tamén o traballamos a través duns talleres. Tódolos venres a profe Silvia trae unha caixa moi moi chula, "A caixa dos sentidos", e está chea de sorpresas... un día traía botes con olores, outro día iogures para probar, outro texturas diferentes... e así, imos xogando e experimentando cos diversos sentidos. Aquí vos deixamos a demostración do ben que no lo pasamos.
Xogamos a recoñecer olores co OLFACTO...
Experimentamos co GUSTO...
Recoñecémonos mediante o TACTO...

Tocamos e tocamos... ¿que será? suave, áspero, rugoso...
