Comezamos o último trimestre con moitas forzas!
Así, hoxe fomos de excursión á Gondomar para celebrar o día do libro. Primeiro fomos á biblioteca onde nos contaron o conto de "Frederick", despois fixemos un pequeno descanso para merendar e repoñer forzas no parque e, por último, asistimos ao concerto de Uxía, "Rosalía Pequeniña". Como vedes foi un día moi completo e pasámolo moi ben xunto cos demais nenos e nenas do cole. Aquí quedan as imaxes que o demostran.


No hay comentarios:
Publicar un comentario