miércoles, 21 de septiembre de 2011

Novidades

Boas!!
Traio novas fresquiñas, hai varios días que vos quero contar un par de novidades que temos na aula....E é que os nosos peques se fan maiores!! e xa tivemos un par de visitas do........



Si si, o mesmo, o Ratiño Perez visitou as casas de Bernardo e Ismael que moi contentos nos ensinan como lles quedou a boca,jejeje...estás guapisimos!!

Ismael



Bernardo


E a última, a máis bonita, os dous xuntiños

jueves, 15 de septiembre de 2011

Os primeiros días dos peques

Bueno, xa levamos dóus días de periodo de adaptación e a verdade que xenial!!! os peques se adaptaron perfectamente, participan nas actividades, xogan cos compañeiros...hoxe ata levaron un pequeno traballiño para a casa....Mirade mirade...

miércoles, 14 de septiembre de 2011

O primeiro día dos peques

Hoxe empezaron o cole os peques de 3 anos, Iker, Laura, Daniela e Javier e a verdade que xenial!! son uns campións e non choraron case nada...
Fixemos un montón de cousas: contar un conto, cantar, xogar coa plasti....E onde o mellor o pasaron foi no patio, onde xogamos ao "escondite inglés"....

Mañá xa van a vir un pouco máis de tempo elles dará tempo de tomar a merenda e de facer un montón de cousas divertidas...
Teño un par de fotos pero non as vou a colgar ata que teña as autorizacións.

Denque aqui moitos bicos á nosa Sarai que está maliña, esperamos que se recupere pronto...

Deica mañá peques!!

Un bico

domingo, 4 de septiembre de 2011

Xa estamos de volta

Boas familias!!!! pois xa estamos en setembro e a maquinaria xa está en marcha, as profes levamos dende o xoves día 1 no cole preparando as cousiñas para o novo curso que comeza en nada!!!, este ano contamos con profes novas, xa que as profes Marina (inglés), Mirian (apoio....dende aquí a nosa noraboa pola tua praza), Isabel (profe de Guillufe B) e Edu (Apoio), Patri (Audición e Linguaxe) estan noutros coles....
As novas profes deste ano son:
- María de Inglés
- Tamna ....Apoio 1
- Belén.......Apoio 2
- Fátima....Titora de Couso
- María.....Audición e Linguaxe


A REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO É O MARTES 6 DE SETEMBRO ÁS 19:00 HORAS NO CEP "NEIRA VILAS" DE PEITIEIROS

AS CLASES PARA OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS COMEZARÁN O 12 DE SETEMBRO, E PARA OS PEQUES DE 3 ANOS COMEZARÁN O 14 DE SETEMBRO....LEMBRADE QUE OS PEQUENOS ENTRARÁN DE FORMA PROGRESIVA NA AULA SEGUINDO O PERIODO DE ADAPTACIÓN.

Teño moitas ganas de veros de novo, seguro que estade grandísimos e maiorcísimos....
Un biquiño grande