miércoles, 30 de octubre de 2013

TALLER DE CABAZAS COAS FAMILIAS

Hoxe, para celebrar o Samaín, fixemos, grazas ás familias, un taller de cabazas. Aquí quedan algunhas fotos...


















E ... mirade que bonitas quedaron! dan moito medoooooo! 


E os peques tamén asustan moito... mirade,mirade!!







Moitas grazas papás, mamás e avós!!!


martes, 29 de octubre de 2013

GALLETAS TERRORÍFICAS!!!

Hoxe fixemos un taller de cociña para elaborar galletas terroríficas para o Samaín. Primeiro traballamos a receita; escribimos os ingredientes (fariña, azucre e manteiga) e as cantidades, e despois, puxémonos mans a obra... Aquí quedan algunhas fotos


      

                     


                      


E así quedaron unha vez que as cortamos...


Por último, decorámolas para o Samaín, e para iso contamos tamén coa axuda da profe Sandra. Grazas Sandra!

                         

E quedaron así de TERRORÍFICAS!!




lunes, 28 de octubre de 2013

UN GRAN CONCERTO!

Hoxe Iker deleitounos cun gran concerto, pois tróuxonos á escola a súa guitarra eléctrica. O rematar démoslle un gran aplauso pola súa actuación.





















Aquí queda un pequeno vídeo do concerto. Grazas Iker!!


miércoles, 23 de octubre de 2013

ACÉRCASE O SAMAÍN!

Hoxe comezamos a falar sobre o SAMAÍN, pois é unha festa que nos gusta moito, podemos disfrazarnos, tallar cabazas, contar cancións... Pero...  ¿que significa? ¿dende cando se celebra?... para dar resposta a estas cuestións comezamos a investigar en internet.

 


Tamén aprendemos unha canción moi divertida co profe Alfonso, aquí queda o enlace para que poidades cantala na casa.




PINCELIN E OS SENTIDOS!

Xa son horas de presentarvos ao novo membro da clase, a nosa mascota, PINCELÍN.



A principios deste mes enviounos un libro, o libro dos sentidos, e foi así como comezamos a traballar este tema. O luns fixemos unhas fotos con el e mais o libro que nos enviou para compartilo con vos.




Este tema tamén o traballamos a través duns talleres. Tódolos venres a profe Silvia trae unha caixa moi moi chula, "A caixa dos sentidos", e está chea de sorpresas... un día traía botes con olores, outro día iogures para probar, outro texturas diferentes... e así, imos xogando e experimentando cos diversos sentidos. Aquí vos deixamos a demostración do ben que no lo pasamos.

Xogamos a recoñecer olores co OLFACTO...






Experimentamos co GUSTO...


















Recoñecémonos mediante o TACTO...


 

 


Tocamos e tocamos... ¿que será? suave, áspero, rugoso...