lunes, 19 de marzo de 2012

Bo día a todos os papis!!!

Como sabedes, dende o ano pasado non festexamos no cole "o día do pai" nin "o día da nai", senón que festexamos o día da familia (o 15 de maio)....
Pero dende Vilaza queremos desexarlle aos nosos papis, que son os mellores do mundo mundial, un moi bo día!!!
E tamén felicitarlle o día a todos os Josés, Josefas,Pepes e Pepas!!

Papis, agardo que os peques vos deran moitos bicos e apertas!!!

Porque....:
Nos dades moitos mimiños
Xogades con nós
Nos contades contos que nos axudan a durmir
Contestades as nosas incesantes preguntas
Nos ensinades a camiñar polo mundo
Si pudesedes...baixariades a Lúa do ceo para nós...
Por todo esto e por moitas cousas máis...


martes, 13 de marzo de 2012

Nos visita Bolita, a mascota de Marcos

Hoxe o noso compañeiro Marcos trouxo unha sorpresa ao cole!!! o seu hamster "Bolita"...que ao principio parecía ter un pouco de vergoña, e ben seguro que algo de medo tamén...seguro que nunca escoitara a tantos pequenos emocionados ao seu arredor.
Marcos nos contou o que comía, o que bebía...como xogaba con el........ademais nos contou que
era moi xoguetón e que non mordía...
Despois fixemos uns debuxos do hamster!
Grazas Marcos por traernos a Bolita!!!




Aquí metidiño nas serraduras....Marcos nos explicou que era para non pasar frío



A nosa amiga Lupita tamén quería sacarse unha foto con Bolita




Vos convidamos a todos, os que tedes algunha mascota na casa e queredes amosarlla aos peques, a que a traides ao cole , eso si, contádello primerio á profe para que ela organice un pouco a visita.


Biquiños!!


lunes, 12 de marzo de 2012

Traballando....

Esta mañá mentres os maiores facían un pouco de traballo de mesa, e Daniela e Javi traballaban coa profe María (A.L) Laura e Iker traballaron un pouquiño na PDI, entrenando o trazo do número 1 e 2...co dedo e cos rotus "máxicos"




Outro día nos tocará a outros, polo de agora a profe Vero está a recompilar xogos para a PDI e máis para o ordenador...e cando o teña todo listo xogaremos por equipos todos os días un pouquiño.

jueves, 8 de marzo de 2012

No patio

Hoxe tivemos una día moi soleado, e como tampouco facía moito frío disfrutamos moitísimo no patio!! Recollendo florciñas



Na casiña e preparando tartas



Como podedes ver o pasamos moi ben!! e en canto veña a primavera o pasaremos moito mellor!!!