miércoles, 18 de mayo de 2011

Guyi Guyi

Hoxe fomos de excursión a Vigo a ver unha obra de teatro "Guyi-Guyi" e o pasamos xenial!! nos encantou.

Vos contamos un pouco a trama:

Guyi- Guyi é un crocodilo que , por un azar da natureza, nace nunha familia de patos. Guyi-guyi vive feliz coa súa familia, ata que un día se perde e se atopa cun crocodilo.
Cando se entera de que os crocodilos comen patos, Guyi-Guyi pasará por diferentes dificultades para conseguir ser él mesmo.
É unha historia que nos fai reflexionar sobre o diferente, sobre o medo á diferencia e os prexuizos contra todo aquilo que se comporta de maneira distinta ao que agardabamos.

Vos poñemos un anaquiño da obra para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos





Despois do teatro saimos a merendar no porto de Vigo, xogamos un chisco, dimos un pequeno paseo e vimos uns barcos enooooormessss!! eran cruceiros!!! parecian edificios!!! A unha collimos o bus e volta para as aulas.

martes, 17 de mayo de 2011

Día da familia e Caino

O domingo 15 de Maio foi o día da familia e os peques de Vilaza fixemos uns "Tres en raia" super chulos para xogar coas nosas familias. ...porque as queremos MOITISIMO e nos encanta estar con elas e pasar momentos xuntos.
Aínda que a profe Vero e a profe Sandra se esqueceron de sacar fotos para o blog...(que cabeciña). Espero que vos gustase o regaliño, os nenos o fixeron con moita ilusión e con moito moito traballiño...pero quedaron xenial porque son uns artistas!!

Ademáis o venres os peques foron ata a sede, en Peitieiros, para ver a a Caino, un pintor de Baiona, que traballamos nas aulas: a profe Patri nos pasou as todas as aulas (por orde) unha lámina do pintor e nós tiñamos que inventar un conto a partir dela seguindo o que os demáis nenos escribiran anteriormente...así nos quedou un conto chulisimo que lle queriamos amosar a Caino.
A ver si esta semana podemos subir algunha foto.

Un bico e recordade que maná imos de excursión a Vigo e temos que estar moi puntuais as 9:00 no cole para coller o bus


Aqui deixo as fotos do agasallo para o día da familia, é o de Bernardo porque non veu o venres e quedou na clase. Se ve algo verdoso porque xa estaba empaquetado...



Aquí o tres en raia



Aquí a parte de atrás do xogo




E aquí o paquetiño xa montado para levar á casa, coas pezas do tres en raia