miércoles, 18 de mayo de 2011

Guyi Guyi

Hoxe fomos de excursión a Vigo a ver unha obra de teatro "Guyi-Guyi" e o pasamos xenial!! nos encantou.

Vos contamos un pouco a trama:

Guyi- Guyi é un crocodilo que , por un azar da natureza, nace nunha familia de patos. Guyi-guyi vive feliz coa súa familia, ata que un día se perde e se atopa cun crocodilo.
Cando se entera de que os crocodilos comen patos, Guyi-Guyi pasará por diferentes dificultades para conseguir ser él mesmo.
É unha historia que nos fai reflexionar sobre o diferente, sobre o medo á diferencia e os prexuizos contra todo aquilo que se comporta de maneira distinta ao que agardabamos.

Vos poñemos un anaquiño da obra para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos





Despois do teatro saimos a merendar no porto de Vigo, xogamos un chisco, dimos un pequeno paseo e vimos uns barcos enooooormessss!! eran cruceiros!!! parecian edificios!!! A unha collimos o bus e volta para as aulas.

1 comentario: