lunes, 31 de marzo de 2014

A PLANTAR!

O venres pasado decidimos plantar fresas, e fixemos o traballo completo, fomos a buscar terra, plantamos as fresas, regámolas e fixémoslle un pequeno muro. Agora só toca esperar a que medren para poder probalas. Aquí quedan as fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Grazas ás familias pola vosa colaboración e a profe Silvia e Sandra que nos axudaron un montón.





























martes, 25 de marzo de 2014

A QUE SABE A LÚA?


O mércores pasado tivemos unha visita especial, viñeron os nenos e nenas da Galiña Azul, acompañados das mestras e algúns pais e nais, a visitar a nosa aula. Quixemos preparar algo para eles, así que contámoslle o conto; A que sabe a lúa?, o que Maria lle añadiu efectos musicais para que quedase así de ben.
O vídeo non se escoita moi ben, pero podedes facervos unha idea de como o contaron.



sábado, 8 de marzo de 2014

ENTROIDO

Para poder disfrutar dos nosos disfraces de Entroido tivemos que traballar un montón. Aquí vos deixamos un vídeo con fotos da creación do noso disfraz, así como o resultado final.