domingo, 27 de febrero de 2011

Visita especial

Esta semana por fin viñemos todos ao cole, xa tiñamos ganas de vernos e de xogar todos xuntos.
Ademáis este venres tivemos unha visita moi especial, e é que veu pola clase Laura, que vai a ser unha das compañeiras que vai a entrar ao cole para o ano que ven, os peques estaban algo vergoñentos e mesmo se deixaban entrever uns pouquiños celos, pero de seguro que cando Laura veña para o cole en setembro se van a levar xenial.
Tamén coñecemos a outra nena que vai a vir o ano que ven, é Daniela, a irmá de Bernardo, que a pobre ten unhas ganas de vir ao cole.... sempre que ven co seu irmán quere entrar, e as veces mesmo marcha chorando....

Xa temos os disfraces rematados, nos faltan un par de detalliños, pero veredes que guapisimos imos ir....
Vos recordo que o martes tedes que traer o xersei negro que van a levar os nenos o venres para que lle cosamos o disfraz, e o venres recordade que tedes que traer pantis, leggins ou pantalóns negros.

Biquiños

miércoles, 23 de febrero de 2011

MATRÍCULA 2011-2012

VOS INFORMAMOS QUE DENDE O 1 ATA O 31 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2011-2012. PODEDES PASAR POLA AULA QUE VOS INTERESE OU POLA SEDE(EN PEITIEIROS) PARA RECOLLER O IMPRESO, ADEMÁIS PRECISAMOS UNHA FOTOCOPIA DO DNI OU BEN DO LIBRO DE FAMILIA.

sábado, 12 de febrero de 2011

Resumo semanal

Esta semana pasada tivemos varias "baixas" e é que os virus andan rondando pola clase e esta semana so coincidimos todos xuntos o martes.... os demáis días solo estivemos ou 4 ou tres nenos...e a verdade temos moitas ganas de estar todos, porque cantos máis somos mellor o pasamos!!! Asque desexamos que Sarai e Marcos se poñen ben prontiño para telos de novo na clase.

Por outra banda vos informamos de que temos un profe novo de psicomotricidade, o profe Óscar, ao que coñecimos o xoves, e aínda que ao principio non parecian moi convencidas (o sector feminino...) ao final o pasaron pipa!!! Aínda así desexamos que a profe Paula se poña boa moi pronto para poder vela.

O venres veu a visitarnos un peque da Galescola, os nenos lle ensinaron todos e cada un dos recantos e mesmo lle prepararon uns ovos fritidos no recanto da cociña... todo un detalle....jejeje


Un biquiño meu grande meus pequerrechos, nos vemos o luns!!!

miércoles, 9 de febrero de 2011

Boas!!! na clase estamos moi atarefados estes días porque estamos metidos nun pequeno proyecto....sobre as XOANIÑAS, xa fixemos un panel no que escribimos o que sabemos e tamén o que queremos saber....
Ademáis no entroido iremos disfrazados de xoaniñas....xa veredes que guapos e guapas vamos todos!!!
Por certo, si sabedes algunha cousa sobre as xoaniñas nos podedes enviar información ao email