domingo, 27 de febrero de 2011

Visita especial

Esta semana por fin viñemos todos ao cole, xa tiñamos ganas de vernos e de xogar todos xuntos.
Ademáis este venres tivemos unha visita moi especial, e é que veu pola clase Laura, que vai a ser unha das compañeiras que vai a entrar ao cole para o ano que ven, os peques estaban algo vergoñentos e mesmo se deixaban entrever uns pouquiños celos, pero de seguro que cando Laura veña para o cole en setembro se van a levar xenial.
Tamén coñecemos a outra nena que vai a vir o ano que ven, é Daniela, a irmá de Bernardo, que a pobre ten unhas ganas de vir ao cole.... sempre que ven co seu irmán quere entrar, e as veces mesmo marcha chorando....

Xa temos os disfraces rematados, nos faltan un par de detalliños, pero veredes que guapisimos imos ir....
Vos recordo que o martes tedes que traer o xersei negro que van a levar os nenos o venres para que lle cosamos o disfraz, e o venres recordade que tedes que traer pantis, leggins ou pantalóns negros.

Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario