miércoles, 25 de junio de 2014

PSICOMOTRICIDADE

Este trimestre en Psicomotricidade traballamos a Expresión Corporal, os Xogos Populares e os Xogos Alternativos ao aire libre, queredes velo?













DESPEDIDA FIN DE CURSO

Sen darnos conta o curso foi pasando e, pouco a pouco, chegamos ao final. 
Por iso, para despedirnos, xusto o día antes do festival, fixemos unha merendola e moitos xogos nos que disfrutamos un montón...


















Un pracer poder compartir este curso escolar con estes pequerrechos e moitas grazas ás súas familias.

Bo verán e moitos bicos para todos!!





martes, 17 de junio de 2014

O CINE EN VILAZA

HOXE TRANSFORMAMOS A AULA DE VILAZA NUN AUTÉNTICO CINE...


PRIMEIRO COLOCAMOS AS CADEIRAS DIANTE DA PANTALLA A MODO DE BUTACA E DISEÑAMOS AS ENTRADAS DO CINE.


NO PATIO FIXEMOS AS CUNCAS PARA OS FLOCOS DE MILLO...


E... POR FIN, ENTRAMOS AO CINE COA NOSA ENTRADA, A CAIXA COS FLOCOS DE MILLO E UN ZUMO PARA REFRESCARNOS






lunes, 9 de junio de 2014

UNHA VISITA INESPERADA!

Hoxe veu ao cole de Vilaza unha visita moi especial. 
Estabamos a xogar no patio moi entretidos cando de repente apareceu un ourizo! 
Como estaba un pouco asustado ao pouco tempo marchou, pero deunos tempo a observar a súa beleza e a sacarlle unha foto. 
Mirade mirade!