martes, 29 de abril de 2014

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo do 2º trimestre, os nenos e nenas de Vilaza traballamos moito en Psicomotricidade:

Fixemos xogos cooperativos.
Traballamos o equilibrio dinámico e estático.
As habilidades e destrezas motrices básicas traballámolas realizando diferentes tipos de desprazamentos, saltos, xiros nos diferentes eixos corporais e lanzamentos e recepcións.
Xogamos a pases e bote de balón.
Realizamos traballo en circuitos de múltiples habilidades.
E tamén fixemos pinchacarneiros.

Queredes velo? mirade, mirade...



















viernes, 25 de abril de 2014

SAÍDA Ó MARCO

Tendo en conta o proxecto sobre arte que estamos a levar a cabo este ano, non podía faltar unha saída a un museo. Polo que onte, xoves, xunto cos nenos e nenas da aula de Peitieiros e de Couso, partimos rumbo a Vigo para visitar o MARCO (Museo de Arte contemporánea), onde nos transformamos en espías para ir descubrindo as numerosas obras de arte que alí puidemos atopar. 




















miércoles, 23 de abril de 2014

EXCURSIÓN DÍA DO LIBRO

Comezamos o último trimestre con moitas forzas! 
Así, hoxe fomos de excursión á Gondomar para celebrar o día do libro. Primeiro fomos á biblioteca onde nos contaron o conto  de "Frederick", despois fixemos un pequeno descanso para merendar e repoñer forzas no parque e, por último, asistimos ao concerto de Uxía, "Rosalía Pequeniña". Como vedes foi un día moi completo e pasámolo moi ben xunto cos demais nenos e nenas do cole. Aquí quedan as imaxes que o demostran.





                                     
                                      

                                      












lunes, 7 de abril de 2014

CARLA XA TEN 4 ANOS!!!

Hoxe celebramos o cumple de Carla, que xa ten 4 anos e está feita unha chica maior. Trouxo unha tarta boísima que comemos, eso sí! despois de cantar o cumpreanos feliz e de soprar as velas. Tamén xogamos a zapatilla por detrás, en recantos... Aquí quedan as imaxes que demostran o ben que o pasamos.

PARABÉNS CARLA!!