martes, 25 de junio de 2013

GRAZAS

Esta é a derradeira entrada que publico como profe da escoliña de Vilaza (agardo que en setembro outras mans continúen a facelo).

Nestes anos que pasamos xuntos compartimos moitas cousas, houbo moi bos momentos (os que máis) pero tamén tivemos que superar pequenas dificultades...pero penso que ao final o balance é positivo.

Moitas grazas a vos, os meus pequerrechos...todos os que pasaron pola escola: Laura, Ismael, Bernardo Sarai, Marcos, Iker,Daniela, Laura, Javier, Sara, Pepa e Diego....de todos e cada un de vos me levo algo....e agardo que en vós tamén quede algo de mín, do que aprendemos xuntos, do que vivimos.


Moitas grazas tamén a todos os papis e as mamis, que nos confiades ao máis importate, aos vosos fillos, que ao final acaban sendo un pouco nosos .

GRAZAS!!!!


Moitos moitos moitos bicos!

Quérovos!!

A profe Vero.

Ata sempre!

lunes, 10 de junio de 2013

Aniversario Iker

No mes de maio festexamos o aniversario de Iker, que cumpre nada máis e nada menos que 5 ANOS. Vanessa, a nai de Iker, fixo una torta moi moi rica (e moi orixinal)GRACIAS!!! Ademais Iker nos regalou una bolsiña cun montón de cousas chulas!!

O noso "peque" coa coroa




A Tarta "pitufa"




Todos xuntos!! que guapos!

Visita á Panaderia COPENA

Fixemos una excursión moi moi moi doce......visitamos a panadería COPENA en Gondomar, alí nos ensinaron como fan eses doces tan ricos e nos aprenderon a facer galletas...ummmm ¡QUE RICAS!!


Dende aquí agradecer á panadería COPENA polo ben que se portaron con todos nós, e á profe Susana pola organización.

Día do libro

Para festexar o día do ñibro baixamos a Gondomar de excursión, xunto con outros coles da zona, alí as profes doutros coles e máis da biblioteca pública de Gondomar nos contaron un montón de contos. E...como escoitar contos da fame....A MERENDARRRR.....e para rematar....a xogar no parque!!





Un novo compañeiro: Diego

Xa fai moito que non escribimos no blog, pero o terceiro trimestre sempre é un pouco caótico...Pero iso non quere dicir que non teñamos cousas que contar...
A máis importante: temos un novo compañeiro!!! Diego, que ven doutro cole...é moi amigo de Javi.