sábado, 22 de diciembre de 2012

Wishlist de Fnac

Este ano, como o anterior, volvo a publicar aquí a miña Wishlit Xmas de Fnac, a ver si toca algo!!
(non tendes que facer nada, simplemente unha das bases do concurso é publicar a lista no blog)



- Apple iPad con pantalla Retina 16 GB WiFi negro   479 euros

- HP Deskjet 3055 A Impresora Multifunción WiFi  69,90 euros

- Nescafé Dolce Gusto Fontana Roja KP3006 Krups    119,90 euros

-Samsung UE32EH4000 LED 32" HD        299 euros

- LG BP325 BluRay 3D Smart TV + 10 Películas de regalo    159 euros

- iRobot Roomba 760   479 euros

- La vida es bella. Momentos bienestar para 2 2013   29,90 euros


E pensando un pouco nos peques....

- Pack Colección Pixar (Formato Blu-Ray)   84, 99 euros

- Pack Madagascar: Trilogía (Formato Blu-Ray)     38, 99 euros

- Pack Los clásicos de Disney: Los imprescindibles     86,24 euros

- Pack Cantajuego (Temporadas 1 a 7) (Edición Payaso Tallarín)    79,99 euros

- Pack Hans Christian Andersen    44, 99 euros

- Pack Cortos clásicos Disney        38,99 euros



Total 2009,89 euros



jueves, 20 de diciembre de 2012

Rematamos o trimestre

Hoxe os nenos levaron os traballiños do trimestre, agardo que pasedes un bo rato comentándoos cos pequenos e alabando o seu traballo e o seu esforzo.


Agardo que o Apalpador chegue tamén a casa dos vosos pequenos (agora que xa os vai a coñecer na festa de fin de curso e que o traballamos na aula...seria interesante que lle deixedes un pequeno detalle...)


Ademais vos invito a visitar o blog estes días pois algunha sorpresiña seguro que caerá.

Solo me queda desexarvos unhas felices festas e un próspero aninovo no que, seguramente, viviremos momentos moi fermosos.





Dende aquí un biquiño moi grande á profe Sandra e ao seu bebé, agardamos que moi pronto veñan a visitarnos!

martes, 18 de diciembre de 2012

Xogando cos bloques lóxicos

O outro día, acompañados pola profe Anxos, xogamos cos bloques lóxicos. Primeiro fixemos un boneco de neve e despois cada quen fixo o que quixo.
Para rematar, nun folio, e empregando como modelo os bloques lóxicos...fixemos un boneco de neve e unha árbore de Nadal.




Máis traballos

Que estarán facendo os nenos e nenas de Vilaza cun pe cheo de pintura marrón? Ahhhhh!! unha sorpresiña que descubriredes moooooooi pronto!!
Estes días fixemos un montón de cousas cos pés e coas mans...xa veredes que chulada!



sábado, 15 de diciembre de 2012

Un traballiño de Nadal

Boas!!

Tal e como vos comentabamos na entrada anterior, estes días estamos traballando arreo para pechar o trimestre...

Aquí unha mostra dun arboliño de Nadal que fixemos para levar para a casa (vale, xa sabemos que parecía un sombreiro....pero quedaron ben chulos ou non?).

Primeiro picamos a cartolina (ollade que cariñas de concentración), pegamos as boliñas e...listo!!


miércoles, 5 de diciembre de 2012

O Apalpador

Ola a todos e todas!!
 
Xa fai bastante que non actualizamos o blog...e que estamos traballando tanto que...non temos tempo de nada!!!
 
Polo de agora vos contamos que no cole estamos a aprender cousiñas sobre o Apalpador, que é un "xigante" que vive na serra do Courel e polo Nadal , entre o día 24 e o 31 (lembrade que Galiza é moooooi grande), vai as casas dos nenos e nenas mentres dormen e lles apalpa a barriga para ver si están ben mantidos e lles deixa unha presa de castañas e algún xoguete de madeira feito a man (durante todo ano o Apalpador adícase a recoller carbón e a facer xoguetes de madeira para os nenos e nenas galegos)

Tamén estamos a aprender esta canción:

 
 
 

 
A próxima semana prometemos poñer algunha fotiño dos traballiños que estamos facendo e que dentro de moi pouco levaremos para casa.
 
 
Bicos mil!

jueves, 8 de noviembre de 2012

Magosto en Chaín

O mércores día 31 de outubro festexamos o magosto na escola de Chaín con todos os nenos e nenas do CRA e todas as profes...e fixemos un montón de cousas!

Unha vez chegaron todos os nenos, nos puxemos en equipos de colores para ir pasando polos diferentes xogos organizados polas profes: taller de colares, decorar os bricks de leite para as castañas, a "petanca", carreiras de relevos, buscar castañas no areeiro e tamén debuxamos e queimamos os nosos medos (as profes tamén)....mentras se queimaban os medos tiñamos que cantar: "mellor que morrer de medo é mexar coa risa"..

Despois de tanto xogar...a merendar!! froitas, biscoitos, galletas e.....CASTAÑAS!!!! bueno...algún neno tamén comeu un bocata de chourizo...jajaja!!

Sara e Pepa se reencontraron con moitos amigos da Galescola e se puxeron moi contentas!

Aquí unhas fotos (non vos preocupedes que a final de curso vos darei un CD con todas as fotos




sábado, 3 de noviembre de 2012

A festa de Samaín

O martes festexamos a festa do Samaín cos nenos e nenas de Couso e, aínda que ao principio tiñamos algo de vergonza...ao final nos fixemos amigos e o pasamos moi ben!!



 
 
 
 
 
E aquí unhas fotiños dos protagonistas
 
 
 







A que están ben guapiños?? e non digades que é amor de profe eh! que son os máis guapos do mundo!


Biquiños!

lunes, 29 de octubre de 2012

Explicación para facer comentarios

Hola a todos!!! Hoxe dende o blog vos ensinarei a facer comentarios nas "entradas", así poderedes comentanos que vos parece o que vamos facendo e o que vos contan os nenos na casa...


Para comezar: facede click debaixo da entrada, onde pon  "0 Comentarios" (o número pode varias se alguén fai comentarios)


Despois escribide o voso comentario e debaixo desplegade a pestana e seleccionade onde pon Nombre/URL (se abrirá  unha pequeniña ventá para que poidades poñer o nome). Tamén podedes seleccionar  "Anónimo·" e poñer o voso nome ao acabar de escribir o comentario.


Na ventá emerxente escribide o nome que queredes que apareza,  e picade en continuar


E xa  para rematar picade en "Publicar"  e xa está!!!

Animádevos a facer algún comentario, ademais si eu vexo que seguides o blog tamén me animo a subir máis cousiñas!!

Biquiños!!!

viernes, 19 de octubre de 2012

Día mundial do cancro de mama

Hoxe o blog "tínguese" de rosa con motivo do día mundial do cancro de mama.







Un bico a todos e todas, nos vemos o luns.

Quérovos!

miércoles, 10 de octubre de 2012

Aniversario Javier e Laura

Hola a todos!!

Con un pouquiño de retraso vos deixo algunhas fotos do aniversario de Laura e Javier, que celebraron na clase o seu 4º aniversario, comimos un biscoito de chocolate feito por Andrea (a irmá de Javi) á que lle damos as grazas, bebimos uns zumes moi ricos .


Moitos bicos dende aquí a todos os peques que están enfermos: Sara, Iker, Daniela e Laura, agardo que vos melloredes pronto.

jueves, 27 de septiembre de 2012

Aniversario Sara

Aquí vos deixamos unha nova publicación, son as fotos do aniversario de Sara, a máis peque da clase celebrou connosco o seu terceiro aniversario.






Aquí a homenaxeada


martes, 25 de septiembre de 2012

Primeiros días

Boas!!! Xa levamos unhas semaniñas de cole e xa temos moooooitas fotos!!! Aquí vos deixamos unhas poucas dos primeiros días nos que fixemos un montón de cousas. Agardamos que vos gusten.

Por certo, lembrade que podedes deixar algún comentario debaixo da publicación.

jueves, 13 de septiembre de 2012

Xa comezou o cole

Xa levamos dous días de cole e os nenos e nenas se adaptaron estupendamente, incluso Sara e Pepa (as peques de 3 anos); a Iker, Laura, Daniela e Javier faiselles raro ser os maiores e ter que ceder un pouquiño coas pequechas...
Estes días se lembraron moito dos maiores que van no cole grande.... os nomeaban en varias ocasións e miraban as fotos que temos na porta para bembrarnos deles....

En canto vos enviemos as notas coa autorización do uso sa imaxe ( e volvan firmadas) poño fotiños destes días.

Un biquiño

martes, 4 de septiembre de 2012

Reunión inicial

Vos lembro que a reunión inicial será o xoves día 6 de setembro as 7 da tarde no CEP NEIRA VILAS en Peitieiros (o cole está na carreteira principal), ademáis o xoves vos citarei para unha reunión inicial de aula que posiblemente será o luns.

Ademáis dende aquí dar a benvida ao novo profesorado:
- Olga é a nova profe de inglés
- Sunana a nova profe de Audición e Linguaxe
- Anxos a profe de apoio

E desexarlle moita sorte nos novos destinos a: Mary, María e Tamna

Moitos bicos

martes, 28 de agosto de 2012

Quentando motores


Quedan quince días para que comece a escola o que vai supoñer para os nenos e nenas un cambio de rutinas e horarios, para facilitarlle o proceso de (re)adaptación  vos recomendo que pouco a pouco vaiades adaptando os seus horarios aos da escola, sobre todo os de sono.

 

Cumpre que os nenos e nenas durman as horas suficientes  (unhas 12 horas é o máis recomendable nesta idade) para estar de bo humor e ter enerxía para todas as actividades que facemos no cole.

 

Os primeiros días de escola lembrade erguervos  co tempo suficiente para vestirse, almorzar e chegar con traquilidade, sen presas...

 

Vos deixo aquí o documento que xa puxen o ano pasado con consellos para a (re)adaptación....

Si picades na esquina inferior dereita , no icono que ten 4 frechiñas, veredes mellor o documento

 
 



Bicos mil

martes, 14 de agosto de 2012

Nova cabeceira

Ola a todos!!

Xa vai quedando menos para vernos!!! enseguidiña estaremos no cole todos xuntos!
Como podedes ver acabo de renovar a cabeceira do blog para darlle a benvida a Pepa e Sara que se unen ao grupo en setembro.

Disfrutade do verán!!!

Vos deixo un xogo para repasar as vogais e as consonantes con rato, facer puzzles das letras.....O nivel 1 é o das vogais....Agardo que o disfrutedes.

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2007/aprendizaje_lectoescritura/html/menu3.html

Bicos mil

sábado, 4 de agosto de 2012

O CRA é noticia

Hola familias!!!
O outro día aparecimos no Faro de Vigo, o motivo....é que somos finalistas autonómicos nos premios de "Acción Maxistral" ( de cerca de 500 participantes estamos entre os 86 finalistas), esto foi posible grazas a todos os que formamos parte do CRA (familias, nenos e nenas e mestras), é froito dun ano de traballo e solo por chegar ata á final xa nos sentimos orgullosos....

Noraboa.

(aquí a noticia)
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/08/02/conciencia-social-premio/633031.html


Bicos mil.

Vémonos pronto.

martes, 10 de julio de 2012

Para xogar

Como parece que non da chegado o verán de verdade e non fai día de praia/piscina...vos deixo unhas ligazóns con xogos online para Infantil, picade nas imaxes para acceder










jueves, 21 de junio de 2012

Festival

Aqui vos deixo as fotos do festival, que, por certo, o fixeron xenial!!!!


Aquó os chicos!!!


E aquí as nenas.



Un biquiño para a nosa Daniela que está maliña e sabemos que estaba desexando vir a bailar.


Quero aproveitar para agradecervos as mamis e aos papis a confianza e o cariño amosado durante todo o curso, foi un pracer traballar cos vosos fillos e aquí seguiremos en setembro.

Ademáis quero agradecer o detalle de hoxe a Isa, Nuria, Diana e Cris, foi moi emocionante (sabedes que eu son de lágrimiña fácil). Sabedes onde estou para o que queirades, vos agardo na escola de Vilaza, na vosa escola...na nosa segunda casa.
MOITAS GRAZAS.

Tamén a profe Sandra vos agradece o detalle Isa e Isma.


Bicos mil!!

Quérovos!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

Derradeiro patio

Xa non queda nada de nada para rematar o cole!! Hoxe fixemos o noso derradeiro patio xuntos!!
Xa non volveremos a xogar no patio con Isma, Sarai, Bernardo e Marcos...
Xa non volveremos a ter unha estampa tan bonita coma esta cos nosos compis....




Dende aquí un bico mooooi grande a todos os meus nenos.

A: Ismael, Sarai, Bernardo e Marcos que pasan a primeiro de primaria!!! ( e a Iker, Daniela, Javier e Laura, que nos veremos en setembro)

Aos meus primeiros nenos: Hugo, Juan, Melisa, Leandro (que pasan a primeiro), Clara, Carla, Ramón, Héctor, José Ramón,.Natalia, Sara e Jenifer (que pasan a segundo) Moita sorte nesta nova etapa que comezaredes despois do verán.

Aos meus peques de prácticas, que coñecín con 3 anos e pasan xa 3º!! que xa sabedes que vos quero (e a ti tamén Pura): Erea, Martinho, André, Clara, Claudia, Hugo, Martín P, Mael, Roi, Marcos, Izan, Antón, Oihane, Martín G, Paula, Andrea, Samuel, Sergio, Adrián, Eva, María, Carlos, Borja,Daniel e  Diego.

Biquiños a todos e todas.

domingo, 17 de junio de 2012

Orejitas

A semana pasada tivemos unha visita moi especial..."Orejitas" a cobaia de Iker que nos demostrou que os nenos pequenos tamén poden ser responsables dun animaliño, Iker nos explicou os hábitos alimenticios de "Orejitas", os coidados de hixiene, etc...
Nos encantou a visita, e agardamos que o próximo curso nos volva a visitar.



jueves, 31 de mayo de 2012

Roupa festival fin de curso

Aínda que o falaremos na reunión do martes (mañá vos darei a circular) colgo aquí a roupa que levaremos no festival de fin de curso.

Para os nenos:  

Pantalón vaqueiro curto











Camiseta branca sen mangas nin debuxos:




Para as nenas :


Camiseta branca sen mangas nin debuxos, na parte de abaixo levaremos unha saia (da que me encargo eu)





Todos levaremos zapatillas de cor vermello, desde estilo...



Saltos

Cada día somos un pouco máis maiores e autónomos, e o patio é o lugar perfecto para ir experimentando co propio corpo...e para ir perdendo os medos....a verdade e que temos uns nenos e unhas nenas ben atrevidas...senón mirade a que nos adicamos algúns nenos hoxe no patio....










O resto nos adicamos a xogos máis tranquiliños....agochando "tesouros" no areeiro para que outros os atopasen.

 

Despois fixemos algo que nos encanta....deitámonos a sombra dunha árbore e a profe nos contou un conto...Non vos da un pouquiño de envexa??



Aniversario Iker

O día 23 foi o aniversario de Iker...nada máis e nada menos que 4 anos!!! todo un homiño!! Preparou a súa coroa e deixouna ben bonita...

Mirade que guapo!







Comemos unha torta de galletas e chocolate que fixo a súa mamá, Vanessa , á que lle damos as grazas e a noraboa....¡¡¡¡estaba RIQUÍSIMA!!

Atención aos bigotes de Iker....pois así rematamos todos!!!




Para rematar Iker nos regalou unha caixiña de pinturas moi chuli!!



Olimpiadas

Levamos varios días sen actualizar...pero hoxe nos vamos a poñer o día. Comezamos pola saída as Olimpiadas. Compartimos espazos e xogos con outros nenos dos colexios da zona, pasámolo moi ben e descubrimos que era iso das "aolimpiadas" que algún pensaba que nos poñerian a limpar...jejeje... Para o ano repetiremos a experiencia

lunes, 23 de abril de 2012

Primavera

Aquí vos deixamos os debuxos que fixemos, xa fai un tempiño, da primavera....agardamos que vos gusten, aínda que o tempo non acompañe moito.

lunes, 16 de abril de 2012

Día Mundial da Concienciación do Autismo

O día 2 de abril celébrase o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo"; o Autismo é unha discapacidade permanente do desenvolvemento que se manifesta nos tres primeiros anos de vida e derivase dun trastorno neurolóxico que afecta ao funcionamento do cerebro, que afecta principalmente aos nenos de todos os países, con independencia do seu sexo, raza e/ou condición social e económica.
Caracterízase por deficiencias na interacción social, problemas na comunicación verbal e non verbal e patróns de comportamento, intereses e actividades restrinxidos e repetitivos.

Para conmemoralo, na escola de Vilaza, coa profe Sandra vimos un vídeo e falamos un pouquiño das persoas que teñen problemas para desenvolverse por si mesmas...e despois levamos a cabo a campaña proposta para este ano, e colgamos globos azuis na escola...A profe Vero, que non estaba ese día, ten curiosidade por saber que explicación vos dimos na casa cando nos preguntastes polos globos...





Vos deixamos ademais un vídeo que, aínda que non é o que vimos nós, é moi bonito


Aniversario de Bernardo

Levamos moito tempo sen actualizar o blog...pero xa estamos de volta con máis folgos que nunca!!
Comezamos cun acontecemento moi importante na nosa aula....O ANIVERSARIO DE BERNARDO!!!  nada máis e nada menos que 6 anos!! Bernardo estaba radiante, moi contento e orgulloso...mirade mirade!!!




Para festexar este gran acontecemento comemos un biscoito de iogur bañado en chocolate, desta volta non puidemos cociñar, pero Bernardo adornou os biscoitos e os deixou riquísimos!!





Non sabemos que desexo pediría Bernardo, pero agardamos que lle cumpra!!!