viernes, 30 de diciembre de 2011

Feliz 2012 y lista de deseos

Hola Peques (y familia, claro) como van esas vacaciones??  Quería desearos desde aquí que tengais una buena entrada en este año nuevo que comienza, un año que seguro estará lleno de nuevos aprendizajes y vivencias, de recetas de esas de chuparse los dedos y de momentazos para recordar.
Feliz 2012
Además quiero dejar aquí mi Lista de deseos Wishlist de Fnac que propone crear una lista de deseos  de hasta 2012 euros para participar en un concurso, a ver si ganamos unos cuantos premios para los peques y la profe...jejej.


- Ven a Jugar con Pipo PC 30,50 euros
- Aprende a leer con Pipo 1 30,50 euros
- Pack La Casa de Mickey Mouse: Cuentos de hadas + Manny Manitas: Herramientas para todo  23,99 euros
- Pack Cuentos y relatos 29,99 euros
- Pack House Temporadas 1 a 6 124,99 euros
- Pack Aguila Roja (1ª Temporada) 26,99 euros
- Pack Las chicas Gilmore (Serie completa) 86,99 euros
- Pack El Internado: Laguna Negra (serie completa) 144,99 euros
- Pack Águila Roja (3ª Temporada) (Formato Blu-Ray)    37,99 euros
- Pack Punta escarlata (1ª Temporada) (Formato Blu-Ray)    18.99 euros
- Pack El barco (1ª temporada) (Formato Blu-Ray)   29,99 euros
-  Pack Águila Roja (2ª Temporada) (Formato Blu-Ray)   37,99 euros
-  Bob Esponja: Cartas Uno   14, 24 euros
- Krups Nescafé Dolce Gusto Piccolo by Agatha Ruiz de la Prada KP1003   99,90 euros
- HP Deskjet 3050A Multifunción inyección WiFi    75 euros
- Pack El origen del planeta de los simios + El planeta de los simios (Formato Blu-Ray)    29,99 euros
- Pack El Señor de los Anillos: Trilogía (Edición extendida) (Formato Blu-Ray)  62,99 euros
- Pack Chuggington (Volúmenes 1 y 2) 19,99 euros
- Pack Pat, el cartero (Volúmenes 1 y 2)     16,99 euros
- Pack Sims 3 + Vaya Fauna PC   53,96 euros
- Mia Matemáticas  19,95 euros

El precio total asciende, si no me equivoco, a unos 1016,91 euros

jueves, 22 de diciembre de 2011

BO NADAL

Un ano máis vos deixo a felicitación de Nadal que preparamos dende Vilaza.
Un biquiño moi grande aos meus nenos e nenas que son uns artistas e o fixeron xenial no festival.
Nos vemos en xaneiro.



domingo, 18 de diciembre de 2011

A integración enrriquecerá a túa vida

Desta volta non vos deixo nada relacionado cos peques, senón un video dun anuncio que veredes seguramente pola tele e que me gustaría compartir con vos.

viernes, 9 de diciembre de 2011

Chega o Nadal

Chegou o Nadal!!! e na aula de Vilaza levamos uns días facendo diversas manualidades para levar para casiña...
Aqui estamos cun arboliño de Nadal adornado con gomets de cores.

Falta a foto de Laura, que está maliña...pero cando volva xa a poño aquí.



Aniversario Sarai

O venres pasado festexamos o aniversario de Sarai...que está unha moza feita...5 anos xa!!
Para festexalo decidimos improvisar unha receita, os ingredientes: natillas de chocolate e de vainilla, sobaos rectangulares, nata montada e chocolate para adornar.
Os nenos decidiron chamarlle "cariñas de chocolate"...comeronas xenial...mirade!!






Unha foto de Sarai coa coroa, casi é máis grande que ela!!




Moitos bicos!!

jueves, 8 de diciembre de 2011

Colgantes de outono

Boas familias!! xa fai días que non actualizo o blog, asique para compensar vos deixo dúas entradas seguidas...
A primeira é a dos nosos caracois de outono, os fixemos con plastilina...quedaron chulisimos va que si?? lle puxemos un cordón para poder poñelos de colgantes




martes, 22 de noviembre de 2011

Aniversario Marcos e Ismael

Aquí as fotos do aniversario de Marcos e Ismael, que cumplen 5 anos!! comimos o biscoito de melocotón que preparamos o día anterior....







sábado, 12 de noviembre de 2011

Biscoito de melocotón

O ano pasado comezamos algunhas das profes un proxecto de traballo diferente na aula, un proxecto chamado "Cooperar para aprender/Aprender a cooperar" e este ano xa estamos moito máis inmersas co que cada vez imos facen máis cousas, ensinando aos nenos a traballar de forma cooperativa.
O xoves, aproveitando a axuda da profe Sandra, fixemos por equipos (xa vos contaremos os equipos) un biscoito de melocotón para poder celebrar o niversario de Marcos e Ismael.
E o fixemos, como non, de forma cooperativa, xa veredes...hai algunhas fotos preciosas, fixadevos nas cariñas dos nenos e nas fotos nas que saen axudandose....


viernes, 11 de noviembre de 2011

E seguimos coas novidades......non vos dicía eu que tiña moito que contarvos??

COmo se nota que estes peques son cada día máis maiores e é que xa temos outro membro máis do clube dos "sin dentes"...neste caso Marcos, ao que lle caeu o seu primeiro dente comendo un bocata de xamón..... e acabou....na súa barriga, pero non pasa nada....porque o Ratiño Pérez, ao igual que os Reis Magos e Papá Noel, é máxico e consegue sacar os dentes da barriga...si si, sin abrila nin nada eh! usando simplemente uns polviños máxicos....Asique non vos preocupedes si accidentalmente vos tragades un dente eh!!

Samaín

Para festexar o Samaín fixemos un móbil para colgar na nosa casa...deunos un montón de traballo: pintar, picar, recortar...por iso o fixemos en varios días...




Vamos á biblio

Como levo unhas semanas sin actualizar pois teño mooooito que contarvos, claro....
Comezamos coa primeira saída do curso, desta volta viaxamos en bus ata a biblio do centro, en Peitieiros.... alí nos contaron un conto musical sobre un dragón....e nos encantou!!!
Como na biblio os nenos estaban en equipos para pasar polos diferentes obradoiros non teño fotos dos nenos na biblio...pero si as podedes ver na páxina web do cole.
Eso si.....ahí vai unha foto dos peques vestidos co chándal do cole.

Dende aquí vos lembro que podedes visitar á biblioteca de luns a xoves de 4 a 6...temos moitiiiiiiiisimos libros.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Novidades

Boas!!
Traio novas fresquiñas, hai varios días que vos quero contar un par de novidades que temos na aula....E é que os nosos peques se fan maiores!! e xa tivemos un par de visitas do........



Si si, o mesmo, o Ratiño Perez visitou as casas de Bernardo e Ismael que moi contentos nos ensinan como lles quedou a boca,jejeje...estás guapisimos!!

Ismael



Bernardo


E a última, a máis bonita, os dous xuntiños

jueves, 15 de septiembre de 2011

Os primeiros días dos peques

Bueno, xa levamos dóus días de periodo de adaptación e a verdade que xenial!!! os peques se adaptaron perfectamente, participan nas actividades, xogan cos compañeiros...hoxe ata levaron un pequeno traballiño para a casa....Mirade mirade...

miércoles, 14 de septiembre de 2011

O primeiro día dos peques

Hoxe empezaron o cole os peques de 3 anos, Iker, Laura, Daniela e Javier e a verdade que xenial!! son uns campións e non choraron case nada...
Fixemos un montón de cousas: contar un conto, cantar, xogar coa plasti....E onde o mellor o pasaron foi no patio, onde xogamos ao "escondite inglés"....

Mañá xa van a vir un pouco máis de tempo elles dará tempo de tomar a merenda e de facer un montón de cousas divertidas...
Teño un par de fotos pero non as vou a colgar ata que teña as autorizacións.

Denque aqui moitos bicos á nosa Sarai que está maliña, esperamos que se recupere pronto...

Deica mañá peques!!

Un bico

domingo, 4 de septiembre de 2011

Xa estamos de volta

Boas familias!!!! pois xa estamos en setembro e a maquinaria xa está en marcha, as profes levamos dende o xoves día 1 no cole preparando as cousiñas para o novo curso que comeza en nada!!!, este ano contamos con profes novas, xa que as profes Marina (inglés), Mirian (apoio....dende aquí a nosa noraboa pola tua praza), Isabel (profe de Guillufe B) e Edu (Apoio), Patri (Audición e Linguaxe) estan noutros coles....
As novas profes deste ano son:
- María de Inglés
- Tamna ....Apoio 1
- Belén.......Apoio 2
- Fátima....Titora de Couso
- María.....Audición e Linguaxe


A REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO É O MARTES 6 DE SETEMBRO ÁS 19:00 HORAS NO CEP "NEIRA VILAS" DE PEITIEIROS

AS CLASES PARA OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS COMEZARÁN O 12 DE SETEMBRO, E PARA OS PEQUES DE 3 ANOS COMEZARÁN O 14 DE SETEMBRO....LEMBRADE QUE OS PEQUENOS ENTRARÁN DE FORMA PROGRESIVA NA AULA SEGUINDO O PERIODO DE ADAPTACIÓN.

Teño moitas ganas de veros de novo, seguro que estade grandísimos e maiorcísimos....
Un biquiño grande

lunes, 1 de agosto de 2011

Período de adaptación

Como vai o verán meus pequechos?? parece que o sol e a calor non queren vir este ano...Espero que o estedes a pasar xenial.
Como quedan un mes para volver ao cole, deixo esto por aqui para que o lean as familias dos peques que entran este ano en 3 anos, porque ós meus nenos de 5 xa non lles fai falla, eles xa son maiores.
Moitos bicos!!!

domingo, 10 de julio de 2011

A última foto xuntos

Hoxe vos deixo unha foto que lle saquei aos peques un dos últimos días de clase, así todos xuntiños no patio, á verdade é que me encanta, saen guapísimos!!! verdade que si? Non é amor de profe, é unha verdade coma un templo!!jejeje
Esta é tamén a nosa última foto con Laura, a nosa Lauriña marcha para o cole dos maiores, e a vamos extrañar moitisimo, de seguro que lle vai a ir todo xenial en Primaria.

Pero en setembro vamos a ter 4 novos compañeiros: Iker, Laura,Daniela e Javier aos que agardamos cos brazos ben abertos.

Biquiños mil meus pequenos!


sábado, 9 de julio de 2011

Festa de Fin de curso

Hola peques!!! como vai o verán? Inda que o tempo non acompañe moito espero que estedes a disfrutar das vosas merecidisimas vacacións.
Aquí vos deixo un enlace á páxina web do cole onde podedes ver algunhas das fotos da festa de fin de curso,

http://www.edu.xunta.es/centros/craantiacal/galeria/thumbnails.php?album=11


A celebramos a aula de Couso e os nenos o pasaron xenial, primeiro vimos a actuación dun mago e para rematar tivemos a visita de alguén moi querido para os nenos...si si...o mismísimo "Bob Esponja" no noso cole!!!!
Despois merendamos e fixemos diversos talleres: pintacaras e xogoso variados.
Para rematar fixemos a entrega de diplomas aos nenos e nenas de 5 anos, os maiores do cole marchan para Primaria... de seguro lles vai a ir moi ben, e as súas profes do cole de Infantil esperamos que non esquezan os momentos que pasaron con nós.

Ademáis tamén despedimos, aínda que non de maneira oficial, aos profes que marchan a outros coles: as profes Marina (inglés), Isa (Guillufe b), Lina (Peitieiros B), Mirian (Apoio), Eduardo (Apoio) e Patri ( Audición e Linguaxe) . E tamén ás profes que pasaron polo cole: Lorena, Silvia e Belén..... Moita sorte a tod@s nos vosos novos coles e nas oposicións, recordade que no CRA vos esperamos con brazos abertos.

Biquiños mil

martes, 21 de junio de 2011

Con P de..................PIZZA!!!!!

O outro día fixemos unhas pizzas coas profes Sandra, Patri e Vero... estaban boiiiiiiiiiiiiisimas e so sobraron uns anaquiños que levamos para a casa.
As fotos aquí:

sábado, 4 de junio de 2011

Progresos da horta

Boas familias e amig@s!!!
Xa fai máis dun mes que puxemos a nosa horta e, os que pasades por alí, xa vedes que vai vento en popa! Pero para os que non podedes vir a visitarnos vos queremos amosar unhas fotiños que fixo a profe Sandra o otro día, aínda que se lle pasou unha xudía e uns cantos pementos por fotografiar....Vos facedes unha idea do ben que vai....En pouco tempo estaremos comendo todas as verduriñas que prantamos....As profes están pensando cómo cociñalas, e xa teñen varias ideas..



















Moitos bicos aos meus peques!! nos vemos o luns

miércoles, 18 de mayo de 2011

Guyi Guyi

Hoxe fomos de excursión a Vigo a ver unha obra de teatro "Guyi-Guyi" e o pasamos xenial!! nos encantou.

Vos contamos un pouco a trama:

Guyi- Guyi é un crocodilo que , por un azar da natureza, nace nunha familia de patos. Guyi-guyi vive feliz coa súa familia, ata que un día se perde e se atopa cun crocodilo.
Cando se entera de que os crocodilos comen patos, Guyi-Guyi pasará por diferentes dificultades para conseguir ser él mesmo.
É unha historia que nos fai reflexionar sobre o diferente, sobre o medo á diferencia e os prexuizos contra todo aquilo que se comporta de maneira distinta ao que agardabamos.

Vos poñemos un anaquiño da obra para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos





Despois do teatro saimos a merendar no porto de Vigo, xogamos un chisco, dimos un pequeno paseo e vimos uns barcos enooooormessss!! eran cruceiros!!! parecian edificios!!! A unha collimos o bus e volta para as aulas.

martes, 17 de mayo de 2011

Día da familia e Caino

O domingo 15 de Maio foi o día da familia e os peques de Vilaza fixemos uns "Tres en raia" super chulos para xogar coas nosas familias. ...porque as queremos MOITISIMO e nos encanta estar con elas e pasar momentos xuntos.
Aínda que a profe Vero e a profe Sandra se esqueceron de sacar fotos para o blog...(que cabeciña). Espero que vos gustase o regaliño, os nenos o fixeron con moita ilusión e con moito moito traballiño...pero quedaron xenial porque son uns artistas!!

Ademáis o venres os peques foron ata a sede, en Peitieiros, para ver a a Caino, un pintor de Baiona, que traballamos nas aulas: a profe Patri nos pasou as todas as aulas (por orde) unha lámina do pintor e nós tiñamos que inventar un conto a partir dela seguindo o que os demáis nenos escribiran anteriormente...así nos quedou un conto chulisimo que lle queriamos amosar a Caino.
A ver si esta semana podemos subir algunha foto.

Un bico e recordade que maná imos de excursión a Vigo e temos que estar moi puntuais as 9:00 no cole para coller o bus


Aqui deixo as fotos do agasallo para o día da familia, é o de Bernardo porque non veu o venres e quedou na clase. Se ve algo verdoso porque xa estaba empaquetado...



Aquí o tres en raia



Aquí a parte de atrás do xogo




E aquí o paquetiño xa montado para levar á casa, coas pezas do tres en raia


sábado, 16 de abril de 2011

Somos granxeiros

Como somos uns nenos e nenas comprometidos co medio ambiente dedicimos facer entre todos unha hortiña na escola...coa axuda inestimable da profe Sandra (desde aqui lle agradecemos infinitamente a súa axuda) e a colaboración da profe Patri comezamos a nosa aventura agrigultora... Isma trouxo moitisimas cousas para prantar, dende aqui moitas gracias tamén a Isa, a súa mami pola colaboración. Ademáis lles damos as gracias a Aroa e Seyla que tamén nos regalaron moitas cousas para prantar. GRACIAS!!!

















Primeiro había que buscar un bo sitio para facer a horta e acondicionar a terra...ufff que dura estaba....canto traballamos!! menos mal que somos moitos a arrimar o hombro!



Despois tocaba mollar un pouco a terra e esparcir terra con abono para que as nosas prantiñas crezcan moi ben



E porfín a parte máis divertida, a hora de prantar... temos de todo, xudias, pementos, tomates, fresas



Así quedou a nosa horta.....



A que nos quedou chulisima???? estamos desexando que crezan as nosas verduriñas para facer unha ensalada.... e de postre unhas fresas con nata..ummmmmmmm que rico


O dito, moitisimas gracias Isa (mami de Isma) Sandra, Seyla e Aroa...quedades convidadas a probar todo o que poida sair de aqui....


Pasade unhas Boas Pascuas


Moitos biquiños

domingo, 27 de marzo de 2011

Aniversario de Bernardo

O venres 25 de Maio o neno máis maior dos de 4 anos, Bernardo, celebrou o seu cumple na clase...Xa ás nove entrou pola porta moi contento en anunciando a todos que era o seu cumpe e que cumplia 5 ANOS!!!! Á hora da merenda sacamos a tarta que fixera Bernardo coa súa mamá e a súa irmá Daniela....unha tarta riquísima de galleta, flan e chocolate...adornada con lacasitos....DELICIOSA!!!! En principio tivemos un problemiña coas velas...e é que non as atopabamos...asique por eso puxemos o número 5....despois Bernardo foi á mochila e colleu as velas e unhas chuches para repartir...e volvemos soprar outra vez as velas...
Moitas Feliciades Bernardo...que cumpras moitos máis!!!! moitas gracias pola tarta e polas chuches..
Miles de biquiños

viernes, 25 de marzo de 2011

Entroido 2011

Antes de nada pedirvos disculpas por ter esto tan abandonado...entre unhas cousas e outras... Pero bueno, así temos máis cousas que contar... Celebramos o esperado Entroido!!! os nenos estaban contentos, guapisimos!!! que vai a dicir a súa profe??jejeje pois eso, que guapos guapos!!! Saimos da aula con destino Gondomar, dende onde saia o desfile,habia moitos nenos e nenas difrazados...pero para que enganarnos...os do CRA eramos os máis guapiños: xoaniñas, esquios, árbores, moscas, arañas e ras conformaban o noso bosque. Despois de desfilar polas rúas de Gondomar; onde habia moitisima xente mirando cómo os nenos pasaban cos seus disfraces, acabamos no pabillón de Gondomar onde comimos rosquillas, orellas de entroido, filloas....Ummmm que rico!! e xogamos un montón!! Despois para a escola e uns merecidos días de descanso. Aqui algunhas fotos: