sábado, 9 de julio de 2011

Festa de Fin de curso

Hola peques!!! como vai o verán? Inda que o tempo non acompañe moito espero que estedes a disfrutar das vosas merecidisimas vacacións.
Aquí vos deixo un enlace á páxina web do cole onde podedes ver algunhas das fotos da festa de fin de curso,

http://www.edu.xunta.es/centros/craantiacal/galeria/thumbnails.php?album=11


A celebramos a aula de Couso e os nenos o pasaron xenial, primeiro vimos a actuación dun mago e para rematar tivemos a visita de alguén moi querido para os nenos...si si...o mismísimo "Bob Esponja" no noso cole!!!!
Despois merendamos e fixemos diversos talleres: pintacaras e xogoso variados.
Para rematar fixemos a entrega de diplomas aos nenos e nenas de 5 anos, os maiores do cole marchan para Primaria... de seguro lles vai a ir moi ben, e as súas profes do cole de Infantil esperamos que non esquezan os momentos que pasaron con nós.

Ademáis tamén despedimos, aínda que non de maneira oficial, aos profes que marchan a outros coles: as profes Marina (inglés), Isa (Guillufe b), Lina (Peitieiros B), Mirian (Apoio), Eduardo (Apoio) e Patri ( Audición e Linguaxe) . E tamén ás profes que pasaron polo cole: Lorena, Silvia e Belén..... Moita sorte a tod@s nos vosos novos coles e nas oposicións, recordade que no CRA vos esperamos con brazos abertos.

Biquiños mil

No hay comentarios:

Publicar un comentario