sábado, 21 de diciembre de 2013

CHEGOU O NADAL!

A última semana de cole antes da chegada das vacacións de Nadal estivemos traballando moitísimo para poder adornar a nosa árbore. Primeiro creamos uns adornos moi chulos seguindo un modelo que Iker e a súa mamá fixeron na casa e despois, empregamos pasta para modelar para facer unha estrela e un corazón para cada un. Así de bonito nos quedou a árbore da aula.

Boas festas para todos!












miércoles, 18 de diciembre de 2013

Este trimestre en Psicomotricidade traballamos:

As habilidades motrices básicas: carreiras, saltos, reptacións, lanzamentos, circuitos...
Os xogos de grupo
O esquema corporal
A percepción espacial e temporal
A coordinación dinámica xeral
A relaxación
Ahí tedes unha pequena mostra do moito que traballamos, e nos divertimos!









jueves, 12 de diciembre de 2013

DIEGO XA TEN 5 ANOS!!

Onte festexamos o aniversario de Diego, sopramos as velas, cantamos, bailamos e comimos un riquísimo biscoito que fixo súa nai. Aquí quedan as fotos.

PARABÉNS DIEGO!!!

                              


                 

 




viernes, 29 de noviembre de 2013

AS SILUETAS DO NOSO CORPO

Despois de traballar as siluetas cun conto que trouxo a profe Silvia, estivemos vendo as siluetas do noso corpo axudados polo proxector da pizarra dixital, unha vez que todos vimos a nosa silueta, puxémonos mans a obra para facer a propia silueta nun papel. Así fixemos!



















Despois de dous venres traballando moitísimo, así de chulas quedaron as siluetas do noso corpo. 
Grazas  profe Silvia e Bea!











jueves, 14 de noviembre de 2013

A MÁQUINA DOS SENTIDOS

Seguimos a traballar sobre os sentidos na aula, aquí queda un enlace dun xogo sobre os sentidos. Anímovos a xogar cos nenos e nenas!! 

MÁQUINA DOS SENTIDOS





miércoles, 30 de octubre de 2013

TALLER DE CABAZAS COAS FAMILIAS

Hoxe, para celebrar o Samaín, fixemos, grazas ás familias, un taller de cabazas. Aquí quedan algunhas fotos...


















E ... mirade que bonitas quedaron! dan moito medoooooo! 


E os peques tamén asustan moito... mirade,mirade!!







Moitas grazas papás, mamás e avós!!!