lunes, 16 de abril de 2012

Aniversario de Bernardo

Levamos moito tempo sen actualizar o blog...pero xa estamos de volta con máis folgos que nunca!!
Comezamos cun acontecemento moi importante na nosa aula....O ANIVERSARIO DE BERNARDO!!!  nada máis e nada menos que 6 anos!! Bernardo estaba radiante, moi contento e orgulloso...mirade mirade!!!




Para festexar este gran acontecemento comemos un biscoito de iogur bañado en chocolate, desta volta non puidemos cociñar, pero Bernardo adornou os biscoitos e os deixou riquísimos!!





Non sabemos que desexo pediría Bernardo, pero agardamos que lle cumpra!!!


1 comentario:

  1. Moitos parabéns para Bernardo. Xa é todo un homiño. Esa torta vese moi apetitosa, mmmmmmmmmm, chocolateeeeeeee, miña perdición.

    ResponderEliminar