sábado, 18 de diciembre de 2010

Aniversario de Sarai

Este mes foi o aniversario de Sarai, pero entre unhas cousas e outras non tiven tempo de subir as fotos, ademáis, como a profe é unha despistada deixou a cámara na casa e grazas á profe Sandra puidemos quitar unhas poucas, ademáis a profe Paula quitou outras coa cámara que temos na clase (que a profe se esqueceu de coller...e non pode colgar polo momento...)
Sarai trouxo unha tarta riquísima de chocolate e galleta que a profe Sandra e máis eu probamos cando chegamos..e damos fe de que estaba boisima!!!
A nosa Sarai cumpriu catro anos e estaba feliz, moi maior e moi guapa coa súa coroa rosa.

PD: non sei porqué non me deixa subir as fotos....deixo a entrada e xa subirei as fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario